TEORÍA

Esta sección nace con vocación pedagóxica e na mesma pretendemos publicar aspectos teórico-prácticos do baile que son, ó noso entender, de interese xeral. Agardamos que vos gusten. Se dispoñedes de materiais de similares características e vos gustaría que aparecesen publicados nesta páxina, enviádenolos. Graciñas. Nesta ocasión temos un interesante artigo que explica como valoran os xuíces o rendemento das parellas que participan nunha competición de baile e as razóns polas que, ás veces, non comprendémo-las súas puntuacións. Preguntas que nos facemos como: ¿Que lle viron a tal parella se tal outra facíao mellor?, etc., teñen neste artigo, ó noso xuízo, unha razoada e ilustrativa resposta. |
|
COMO SE XULGA UNHA COMPETICIÓN DE BAILE Como se xulga unha competición de baile, por Dan Radler, Licentiate I.S.T.D. en Bailes Estándar e Latinos. (c) Dan Radler, 1998 Quixera contestar unha pregunta que se fai a miúdo nas competicións de baile, de interese para espectadores e competidores: ¿Que factores sopesa un xuíz na valoración do rendemento dunha parella?. Os criterios que un xuíz segue son realmente demasiado numerosos para ter en conta, de maneira individual, no breve tempo do que dispón, posto que alomenos está xulgando a seis parellas simultaneamente. Así pois, o xuíz debe confiar na impresión que cada parella dá con respecto ás outras. O xuíz experimentado, tendo visto e estudado o baile en tódolos seus niveis, pode considerar rapidamente os seguintes factores colectivamente. POSTURA.- Un dos aspectos máis importantes. A boa postura fai que vostede pareza elegante e irradie confianza. Mellora o balance e o control, e permite que a súa parella conecte ben co seu corpo nos bailes estándar. O resultado de un na competición é a miúdo directamente proporcional á súa corrección na postura. De aquí o vello adaxio: "A práctica persistente dos principios da postura promete a perfección." RITMO.- Se unha parella non está bailando á ritmo coa música, nada pode disimulalo, nin a súa habilidade en calquera outro aspecto. A música é quen manda, é a xefa. LIÑA.- Significa a lonxitude e o estiramento do corpo dende a cabeza ó dedo do pé. As liñas atractivas e ben executadas, curvadas ou rectas, realzan o aspecto das figuras. COLLERSE.- A colocación correcta e inafectada das partes do corpo na posición de baile cerrada. Por exemplo, a liña dos brazos do home non debe racharse de cóbado a cóbado. Tamén, debe haber simetría dos brazos do home e da muller, que se reúnen para formar un círculo, que, aínda que cambia de tamaño, debe seguir sendo constante no seu aspecto, de modo que os bailaríns sigan estando na posición correcta dun corpo en relación ó outro. A silueta da parella debe ser sempre agradable. POSE.- Nos bailes estándar, o estiramento do corpo da muller cara arriba, cara fóra e cara á esquerda, no brazo dereito do home, para acadar o balance e a conexión, así como proxectalo á audiencia. BAILAR XUNTOS.- O fundido dos pesos corporais de dúas persoas nun, de xeito que pareza que levar e ser levado fanse sen esforzo, e que os bailaríns están totalmente en sincronía o un có outro. MUSICALIDADE e EXPRESIÓN.- A caracterización básica do baile con respecto á música en particular que está soando e a adherencia coreográfica ós fraseados e ós acentos musicais; tamén o uso de luces e sombras para crear interese en resposta a estes acentos e frases. Por exemplo, no slow foxtrot, o roubar tempo a un paso para deixar a outro en suspenso; ou unha velocidade rápida dun xiro nunha rumba, por outra parte lenta; o instantáneo movemento dunha cabeza para 'conxelalo' repentinamente e despois fundilo na lentitude, no tango. PRESENTACIÓN.- ¿Vende a parella o seu baile á audiencia?. ¿Bailan cara a fóra, con entusiasmo, irradiando a súa alegría de bailar e confianza na súa execución?. ¿Ou amosan tensión ou introversión?. ENERXÍA.- Observar a enerxía é emocionante. Teño observado que, nun jive, parece sempre que a parella máis enérxica é a que gaña esta danza. Pero a enerxía debe ser controlada, non salvaxe. Por exemplo, un movemento poderoso, de grande alcance, é un valor no valse ou no slow foxtrot, pero soamente se se canaliza no swing correcto do corpo, e non por facer pasos grandes. O ritmo da música débese emparellar coa acción do corpo. Nun valse, por exemplo, a acción do corpo dos bailaríns debe amosar claramente a influencia do tempo ou golpe musical un (abaixo) e os outros dous (arriba), de maneira que a relaxación da enerxía para o comezo doutra figura debe ser controlada e sostida durante a subida ó final da figura. ACCIÓN DE PÉS e PERNAS.- O deslizado dos pés a traveso do piso no slow foxtrot para acadar delicadeza e suavidade; a elevación e a colocación deliberadas dos pés en tango para realizar unha acción en staccato; a flexión e o estiramento correctos dos xeonllos en rumba para crear o movemento da cadeira; a extensión dos nocellos e o apuntar dos dedos do pé que non soporta o peso para realza-la liña dunha figura; o uso secuencial de las catro xuntas (cadeira, xeonllo, nocello, e dedos do pé) para acada-la plenitude da acción e a enerxía óptima; a flexión e o estiramento de xeonllos e nocellos nun valse para crear subidas e baixadas; o uso das partes interiores e exteriores dos pés para crear estilo e liña. Todos entran dentro desta importante categoría. FORMA (SHAPE).-A forma é a combinación do xiro e da inclinación (sway) para crear un efecto ou unha posición. Por exemplo, ¿en pasodobre, crea o home a aparencia de manexar a súa capa?. ¿A muller simula o movemento ondeante da capa a traveso do espazo?. ¿En slow foxtrot, adopta o home a forma do seu corpo apropiada, nos pasos por fóra da parella, para garanti-lo mantemento do contacto?. LEVAR e SEGUIR.- ¿Leva o home co seu corpo e non cos brazos?. ¿A muller segue sen aparente esforzo ou o home ten que asistirlle?. SABER ESTAR NA PISTA (FLOORCRAFT).- Refírese non só a evitar tropezar cas outras parellas, senón á capacidade para continuar bailando sen pausa cando se está encerrado. Amosa o dominio da parella sobre a coreografía e a capacidade do home de elixir e levar en figuras non previstas no seu traballo rutineiro, cando a necesidade se presenta. COUSAS INTANXIBLES.- Tales como a "aparencia" dunha parella xuntos, se eles "encaixan" emocionalmente, a súa pulcritude de aspecto, vestíndose, o fluír da súa coreografía, e basicamente se parecen "bailaríns".Todos teñen un efecto na opinión dun xuíz e, polo tanto, nas súas puntuacións. Os diversos xuíces teñen distintas predileccións no que desexan ver, e sopesan estes factores diferentemente. Un xuíz, por exemplo, podería estar especialmente interesado na técnica, mentres que outro desexa ser motivado pola musicalidade e a expresión. Dado que ambos factores son obviamente importantes e necesitan ser considerados, pode dar lugar a que as parellas consigan puntuacións dispares. As parellas que se preguntan o que un xuíz viu para darlles unha marca particularmente alta ou baixa deben saber que calquera dos moitos factores enumerados neste artigo podería ser o responsable. O uso dun talón, cando unha punta é o normal, tan facilmente faiche dano perante os ollos dun xuíz como un peche meticuloso dos pés pode axudarche. Dado que o xuíz ve a cada parella soamente uns segundos, calquera cousa que atraia a súa atención, positivamente o negativamente, podería moi ben ser o factor decisivo da puntuación obtida. Competidores, por favor estade seguros de que virtualmente ningún xuíz cualificado vaivos puntuar por ningunha outra razón que a da honesta avaliación da vosa posta en escena. A maioría dos xuíces son fieis ás súas propias opinións, e intentan facer un traballo concienciudo. De tódolos xeitos, ningún xuíz pode 'facerlle' ou 'pararlle' a vostede. A comparación das puntuacións obtidas destes expertos asegura xeralmente que o resultado final é o correcto e equitativo. |
|
|
|
| Escríbenos | Páxina en construcción permanente |
Páxina actualizada o 21/04/06