|
Fundamos Chassé-Bailadela ® en maio de 1990, e pechámola o 31 de decembro de 2007. Dende a súa orixe, e ata 1996, viñemos desenrolando a actividade docente na coñecida discoteca desta cidade ‘Ola-Green’. A partires de entón alugamos un local (ver situación no plano da cidade) no cal estabamos a impartir as clases ata o día do peche definitivo. De tódolos xeitos, vaia o noso agradecemento ó persoal e á xerencia da mencionada discoteca coa cal colaboramos durante toda a vida da escola. Dende hai, pois, case DEZAOITO anos, e dun xeito ininterrompido, dedicámonos intensivamente ó baile de salón na súa vertente internacional, sendo a primeira escola en introducilo nesta cidade. Chassé-Bailadela ® é unha marca rexistrada de Xabier Parguiña. Os profesores fundadores de Chassé-Bailadela ®, queremos expresar a nosa gratitude a unha serie de profesores de gran prestixio dentro do mundo do baile de salón internacional que contribuíron, cós seus coñecementos, experiencia e sabios consellos, a formarnos como profesionais do baile, ademais de facer realidade a liña de constante renovación e mellora de servizos que caracterizan á nosa escola. Estas persoas son (en orde cronolóxica): |
Mariona Cortés (España), q.e.p.d. Peter Smith (Inglaterra) Raoul Elbo (Bélxica) Craig Riviere (Sudáfrica) Carla Fonseca y Luis Palmeiro (Portugal) Joao e Carla Fonseca (Portugal) John Vyse (Inglaterra) Olga Malkina (Rusia) Vernon Kemp (Inglaterra) Simon Taylor (Inglaterra) Gillian Cook (Inglaterra) Últimamente formabamos parte do equipo docente da escola Anabel Souto (Baile de Salón Internacional), e Xabier Parguiña (Baile de Salón Internacional e Bailes Latinos).
|
Pincha enriba das fotos para velas ampliadas
| Ir á páxina principal | |
| Ir ó comezo da páxina | Última actualización: 03/01/08 |